Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2015

EXPOSICIÓN | VOGUE like a painting

VOGUE like a painting, en exposición no Thyssen-Bornemisza entre o 30 de xuño e o 12 de outubro de 2015, reúne sesenta fotografías de moda de inspiración pictórica procedentes dos arquivos de Vogue realizadas por grandes fotógrafos das últimas tres décadas. A pintura española do Século de Oro, o retrato holandés, os cadros do periodo victoriano e os Prerrafaelitas, ou as diferentes escolas presentes nas coleccións reais europeas, serviron de modelo a fotógrafos que, a través das súas produccións centradas na beleza femenina, forxaron a imaxe da revista Vogue ao longo dos anos, e tamén foron exemplo para moitos artistas contemporáneos. Os ecos da obra de Constable, Zuloaga ou Sorolla, entre outros, están presentes nas pezas desta mostra que reúne nomes da fotografía clásica con talentos das novas xeracións como: Irving Penn, Annie Leibovitz, Tim Walker, Paolo Roversi, Steven Klein, David Sims, Erwin Olaf, Michael Thompson, Mario Testino ou Peter Lindbergh, entre outros. Estas son